REGRESAN AS CLASES DE REFORZO
Como o pasado ano a Biblioteca oferta de novo clases de reforzo para os niveis de Primaira e Secundaria.
Serán dunha hora semanal cun prezo de 20 euros anuais con posibilidade de aumentar a dúas horas semanais por 40 euros anuais.
Como serán grupos reducidos está pensado para que os reforzo de primaria sexan os martes de 17:00 a 18:00 e o de Secundaria no mesmo horario. En caso de necesitalo podemos adaptar horarios.
Os grupos serán reducidos e haberá prazas limitadas.
Podedes anotarvos en horario de Biblioteca ou ben por mail. O prazo de solicitudes estará aberto ata o próximo día 29 de Setembro.
As clases comezarán o vindeiro martes día 3 de Outubro.
Para calquera dúbida ou consulta atendémolos nos puntos habituais.
988 20 95 66