RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2021, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 23 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 14, do 22 de xaneiro de 2021) pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a entidades locais de Galicia titulares de bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e se procede á
súa convocatoria para o ano 2021.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade concedeulle o Concello de Taboadela unha subvención para a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico para a mellora das coleccións bibliográficas da biblioteca municipal, por un importe de 387,65 €.
O Alcalde, D. Álvaro Vila Araújo