O concello de Taboadela convoca un concurso de disfraces para comparsas, disfraces
individuais para adultos e nenos que se celebrará con motivo do Entroido 2024, o sábado 10 de
febreiro, ás 17:00 horas, no Polideportivo de Taboadela
A inscrición dos participantes farase nas oficinas do Concello de Taboadela, en impreso
normalizado para este fin, dende o día 12 de xaneiro ata o día 07 de febreiro de 2024 en
horario de 09:00 a 14:00 horas.
Nas solicitudes de participación deberán figurar o nome do disfraz individual ou
comparsa. A participación no concurso implica a aceptación das bases, sendo a decisión do
xurada inapelable.
Bases concurso de disfraces comparsas e disfraces individuais do entroido 2024
Autorización de participación no desfile de menores
Solicitudes de participación en desfile entroido