Hoxe,o concello de Taboadela foi escenario da entrega de premios do I Certame Literario infantil e Xuvenil.O alcalde, Alvaro Vila, agradeceu a todos a súa participación e aos gañadores a asistencia á entrega de premios.
Asimismo, tamén quixo dar a noraboa a todos os autores pola gran calidade das obras presentadas. Posteriormente, o xurado composto polo presidente Xose Vila sobrino, investigador e docente da Universidade de Vigo, Aida Menor Vila, Concelleira de Educacion e Asuntos Sociais, e David Vázquez Nóvoa, administrativo da Biblioteca Municipal, procederon a entrega dos premios e diplomas a cada un dos premiados nas diferentes categorías. Noraboa aos gañadores Hugo, Lena e Gabriel!!
Para finalizar, animaron a todos a seguir escribindo e lendo porque ao facelo desarrollase a creatividade, a imaxinación, a comunicación e o espíritu crítico.