O operador Telefónica acaba de recibir una subvención da convocatoria
2019 do Programa estatal, para despregar fibra óptica antes do remate de 2021 nos núcleos do concello de Taboadela indicados no ficheiro que lle achegamos.
A estes núcleos hai que sumarlles os xa comunicados previamente, que se cubren grazas ás convocatorias de anos anteriores da Xunta e do Estado.
O detalle deste núcleos indícase neste enlace.
Así mesmo, prevese que o Estado publique novas convocatorias de subvencións coas que os operadores poderán continuar co despregamento destas redes.
Por outra banda, informarlle que a Xunta acaba de comunicar a posta en marcha dun novo proxecto de mellora das comunicacións móbiles no rural cun investimento público de ata 5 millóns de euros. Esta iniciativa desenvolverase en colaboración coa Federación Galega de Municipios (FEGAMP), que levará a cabo a divulgación entre os concellos para a súa colaboración na identificación de zonas con deficiencias e parcelas para a ubicación de infraestrutura.