Onte rematamos coa obra de ” Humanización do pobo de Pazos da Rabeda”. Unha obra que marca o camiño que seguirán antes ou despois o resto dos núcleos do concello.
O contraste entre o antes e despois é evidente. Sustitución do pavimento asfáltico por outro mais ” amable”, novo saneamento, eliminación de cableado, zonas axardinadas….
En definitiva, pobos mais agradables, mais vistosos, para a xente, para os veciños, para vivir. A esta actuación, seguirán Sta Locaia este ano, e Taboadela para o vindeiro.