D. ÁLVARO VILA ARUAJO, alcalde-presidente do Concello de Taboadela
INFORMA:
Dadas as excepcionais circunstancias que se están a vivir despois da
declaración do Estado de Alarma por mor da crise sanitaria ocasionada
polo COVID-19, o Concello de Taboadela quere mostrar a vontade de
axudar a aqueles grupos mais desfavorecidos, como poden ser todas
aquelas persoas maiores que viven soas e non dispoñen de familiares
próximos, persoas con mobilidade reducida, e todos aqueles que poidan
serán considerados como persoas especialmente afectadas pola
situación tan extraordinaria que se está a vivir.
O Concello de Taboadela pon a disposición dos seus veciños o seu teléfono:
988439315
988439313
988439315
No que se atenderán todas as urxencias relacionadas coas necesidades
dos mais desfavorecidos (acudir a farmacia a por medicamentos,
compras de produtos de primeira necesidade, e outros que se poidan
considerar de análoga natureza).
Nota: As oficinas municipais permanecerán pechadas dende hoxe ata o próximo luns pero as urxencias serán atendidas no whatsapp do concello no 988439315.