O *Obradoiro de Sensibilización e Formación* que terá lugar o 27 de agosto de 2024 no Polideportivo de Taboadela está dirixido tanto a adultos como a nenos, cun horario de 9:30 a 13:30. Este taller ten como obxectivo principal promover a igualdade e sensibilizar á comunidade sobre a correspomaabilidade asi como erradicar todas as manifestacións de violencia machista exercida por homes, a través do cuestionamento da masculinidade hexemónica e a aprendizaxe de novas formas de ser home, baseadas no bo trato, no respeto, no coidado e na non violencia.
As actividades incluirán:
– *Dinámicas participativas:* Xogos e exercicios que permitirán aos participantes reflexionar sobre diferentes aspectos da igualdade.
– *Creación de chapas:* Unha actividade creativa onde os asistentes poderán deseñar e levar as súas propias chapas cunha mensaxe de igualdade.
– *Contos de igualdade:* Sesións de narración de historias enfocadas a transmitir valores de igualdade aos máis pequenos.
– *Charlas:* Conversas e debates sobre temas actuais de igualdade, ofrecendo un espazo para a aprendizaxe e o intercambio de ideas.
É fundamental contar coa participación en igualdade de homes e mulleres, así como de nenos e nenas, para garantir unha verdadeira experiencia de sensibilización e aprendizaxe compartida. Ademais, é preciso cubrir a ficha de inscrición antes do día 23 de agosto para poder participar.
Contamos con vós para facer deste obradoiro unha xornada enriquecedora para todos!
Prazas limitadas