Xa pasaron máis de 30 días dende aquel momento no que se lles dixo que non ían voltar ao cole durante 15 días porque un bichiño chamado Coronavirus chegara aos nosos fogares!
Eles entenderon que había que quedarse na casa, lavarse as mans moitas moitas veces ao día, e que todo pasaría moi pronto. Pero o caso é que o tempo pasa e aínda seguen na casa, sen poder saír a rúa e ao parque a xogar, sen poder ver aos seus amigos e mestres do cole, sen poder moitos ver aos seus avós nin familiares porques se lle dixo que era a mellor maneira de protexelos.
Así que conformáronse con velos a través dunha pantalla! Deixaron de facer aquelas actividades extraescolares que tanto lle gustan, o fútbol, o baile, a pintura, o tiro con arco, o tambor,…. E agora están descubrindo outras actividades como aprender a aburrirse, a inventar, a crear esa cabaña con mantas e sillas, a pasar máis tempo en familia, a xogar o monoply ou o parchís, a facer un montón de retos, manualidas, e experimentos que lle propoñen nas redes para facer os días mais amenos.
Seguen a traballar porques os seus profes seguen a mandarlle moitas tarefas e sabemos que as están a realizar con moita disciplina.
Porque eles, están sendo os máis obedientes e están a cumprir todas as normas impostas sen perder o sorriso!
Os nosos pequenos son grandes de corazón e teñen unha fortaleza enorme! Cada día danos a todos unha nova lección de vida, e por eso queremos facerlles unha pequena homenaxe.
Entregaremos este diploma xuntos co reparto das tarefas impresas, que certifica o seu excelente comportamento nesta corentena.
Tamén podedes descargar este documento e imprimilo.
GRAZAS POR SER UNS CAMPIÓNS, SODES OS NOSOS PEQUENOS GRANDES HEROES!
” Todos los mayores han sido primero niños”
(pero pocos lo recuerdan) Antoine de Saint- Exupéry
?TODO SAIRÁ BEN!!?