Esta semana rematamos coa recuperación e limpeza de camiños, co mantemento de diversas avarías, así como coas diferentes incidencias nas infraestructuras do concello propias da tempada de inverno.
O luns, comezaremos coa tarefas da tempada de verán. Realizarase a limpeza e o desbroce manual nas distintas aldeas do concello, seguindo a orde que indicamos a continuación nas imaxes.
Ademais empezaremos tamén coa licitación correspondente para o desbroce mecánico das estradas e zonas comúns do concello.