Os maiores de 80 anos do noso concello comenzarán a ser citados para a Administración da vacina contra o covid-19 seguindo o orde alfabético que comeza pola letra H segundo comunica o Sergas. O vindeiro día 22 comezará a vacinación.
Para elo debedes estar atentos as citacións que os nosos maiores reciban para confirmar o día e a hora da cita.
A vacinación terá lugar nos Servizos de Atención Primaria, incluindo os seis centros de saúde da cidade e ás cabeceiras de comarca. En concreto nos Centros de Saúde de Allariz, Bande, O Carballiño, Castro Caldelas, Celanova, Coles, Maceda, O Barco de Valdeorras, Pobra de Trives, Ribadavia, Verín, Viana do Bolo, Xinzo de Limia, Valle Inclán, A Ponte, A Cuña-Mariñamansa, Novoa Santos, O Couto, A Carballeira e A Valenzá (Barbadás).
Non é posible espallar e distribuir máis as vacinas dada a necesidade de preservar as cadeas de frío, de facer un máximo aproveitamento das doses, e de garantir a estabilidade dos preparados, que deben manterse en situación de estabilidade
Unha estupenda nova para o noso pobo a protección á poboación máis sensible coa vacina que tanto tempo levamos agardando!
A SAÚDE DA NOSA VECIÑANZA: O PRIMEIRO