O nadal xa está aquí e Papá Noel prepárase para visitar Taboadela.
Por eso o concello activou un sistema de reservas anticipadas para visitar Papá Noel na Praza do concello, a través da web municipal para evitar as habituais colas e aglomeracións.
Para garantir a seguridade e saúde das persoas que acudan á visita, en cumplimento da normativa vixente en materia de prevención e protección contra o coronavirus, establécese este sistema de cita previa, para garantir o control do aforo máximo.
En concreto, organízanse citas cada 10 minutos e cada persoa que solicite a cita poderá acudir acompañada dun máximo de 5 persoas (6 en total).
COMO RESERVAR CITA PARA PAPÁ NOEL
Para reservar cita, hai que acceder mediante enlace ou código QR. Facer o rexistro e validar dende o correo. Despois clicar en “concello de Taboadela”, ” reservar cita”, ler a normativa e seleccionar a opción alquiler. Por último seleccionar a data19 de decembro no calendario, elexir unha hora e completar os datos persoais (nome, apelidos, DNI, teléfono e correo).
Pódese acceder ao sistema de reserva de cita clicando neste enlace: https://app.saudeter.com/reservas_galileo/5fc4bc3638dae1005f3012d8
ou co seguinte código QR:
Se alguén precisa axuda poderá facer a inscrición na biblioteca, aportando todos os datos .( De luns a venres de 9:00-10:00 e de 17:00 a 19:00).
Data e horarios:
Sábado 19 de decembro
De 16:00- 19:00
Na Praza do Concello