Proba automovilística II Subida a Taboadela


Despois de 14 anos da  primeira subida ó alto de Taboadela, dende o concello, a través da recentemente creada Escudería Taboadela, apoiamos a recuperación desta proba automovilistica,  que no seu día tivo moita aceptación pública.

As datas serán o 2 e 3 de novembro de 2019, e é valedeira para o campeonato galego de montaña. Esperamos que os nosos veciñ@s desfruten eses días da paixón que desperta o ruxir dos motores.

Aproveitamos tamén dende o concello para solicitar voluntari@s para eses días. Os que estén interesados, poden inscribirse no concello para colaborar.

Logo da escudería