REPARTO DE LIBROS E MATERIAL DOS NENOS DO COLEXIO DE SEIXALBO


O concello colaborará coa dirección do colexio público, Ceip Plurilingüe de Seixalbo, que decidiu acometer o reparto a domicilio entre os seus alumnos dos libros de textos e outro material que permanece nas instalacións educativas. Xa recollemos todo o material no centro e comezaremos o reparto no concello.

O obxetivo da iniciativa é garantir que todos os escolares poidan continuar coa súa formación dende a casa no trimestre que acaba de comezar.
Tamén se está a colaborar co centro para solventar as dificultades tecnolóxicas de algúns alumnos.
Recordamos que segue a funcionar o servizo de impresión de tarefas escolares para todos os empadroados.

Para calquer información poden chamar ao teléfono do concello: 988439315.