ANUNCIO DE CONSULTA PÚBLICA

De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración do proxecto de Ordenanza Municipal sobre AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL CONCELLO DE TABOADELA, solicítase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma acerca de:

a) Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.

b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación.

c) Os obxectivos da norma.

d) As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos expostos no seguinte cuestionario durante o prazo de dez días a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio na web municipal, mediante a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Problemas que se pretenden solucionar coa iniciativaConciliación da atención as persoas en situación de emerxencia social coa normativa e os procedementos propios da administración e os que son de aplicación nestes casos.
Necesidade e Oportunidade da súa aprobaciónAtención as pesoas en situación de emerxencia social
Obxectivos da norma Reunión da atención efectiva ás necesidades sociais e cumprimento normativo, poñendo especial énfase na axilidade do procedemento xa que unha parte importante da eficacia da prestación económica reside en que poida ser cuberta de inmediato.
Posibles solucións alternativas regulatoria e non regulatoriasResulta preciso aprobar una Ordenanza Municipal Reguladora das Axudas de Emerxencia Social porque actualmente este municipio carece de toda clase de regulación.
Search