Temos novas que contarvos!!! Como sabedes estamos nunha situación totalmente nova e debemos tomar medidas adaptadas a esta. Por iso, anunciamos que:
- En breve, a piscina municipal abrirá ao público, tan pronto saibamos a data, será comunicada, esperamos poda ser o 20 de xuño.
- Este ano, dada a excepcional situación, solicitamos ampliación do horario dende ás 12h para axudar a evitar as aglomeracións.
- Poderase facer o carné personalizado e intransferible (datos de usuario e fotografía) enviando os datos por whatsapp, correo electrónico ou nas oficinas, dende o vindeiro luns día 8.
- O uso da piscina municipal conlevará un estricto protocolo recomendado polas autoridades competentes, para salvagardar a saúde de todos, que, a día de hoxe, e o máis importante. Esas normas e protocolo serán publicados en breve para coñecemento de todos.
Son medidas que agardamos que sexan ben acollidas e, como non, sexamos todos responsables coas normas de obrigado cumprimento, polo ben de todos.