Aula Concilia Xuño 2023

📚Un ano máis dende a Biblioteca organizamos a Aula Concilia; pensada para axudar á Conciliación Familiar entre o remate das clases regulares e o inicio do Campamento de verán.

🧐Poderán anotarse cubrindo as seguintes dúas fichas: a de inscripción e a Autorización. Deberán ser entregadas nas instalacións do Concello ou, preferiblemente, da Biblioteca.

Tamén o poden facer mediante correo electrónico no: bibliotecataboadela@gmail.com

⚠️ O prazo estará aberto dende hoxe mesmo ata o 16 DE XUÑO. A partir dese día non se aceptarán inscricións.

🕘 O horario da Aula Concilia será de 9:00h a 13:00h de luns a venres os días especificados na ficha de inscripción.

Para calquera dúbida ou consulta poden porse en contacto con nós nos puntos habituais.

📨 bibliotecataboadela@gmail.com

Documentación

Search