COMUNICADO || O CONCELLO DE TABOADELA NON REALIZARÁ ACTIVIDADES DE ENTROIDO

Nos últimos días o concello está a experimentar un importante incremento de casos activos por Covid-19, así como de persoas que se atopan gardando corentena no seu domicilio e que, previsiblemente, provoquen un aumento significativo da incidencia da enfermidade.

É por este motivo que, pensando exclusivamente na saúde de todos os veciños e veciñas, o Concello vén de acordar a suspensión dos festexos de Entroido e en consecuencia do Concurso de Disfraces, para evitar así calquera aglomeración de xente que poida poñer en risco a saúde Pública.

O Concello quere evitar poñer en risco a pequenos e maiores e toma esta decisión como medida preventiva e apeando a responsabilidade colectiva.

Facemos un chamamento aos veciños e veciñas para que sigan actuando con responsabilidade individual.

Lembra a norma das 6 M

1 Máscara. Uso de máscara todo o tempo posible.
2 Mans. Lavado de mans frecuente.
3 Metros. Mantemento da distancia física de máis de 1,5 metros.
4 Maximizar ventilación e actividades ao aire libre. Manter as xanelas e portas abertas na medida en que sexa seguro e factible segundo a temperatura.
5 Minimizar o número de contactos, preferiblemente sempre os mesmos.
6 QuédoMe na casa se teño síntomas, diagnóstico ou contacto.

Faino por ti! Faino por todos!