II Concurso de fotografía do Concello de TABOADELA

Anunciamos o segundo concurso fotográfico do noso concello, cunha temática que sen dúbida nos deixará grandes imaxes. O tema deste ano será ” SILENCIO” .

Con respecto ao proceso de selección das fotografías gañadoras haberá algun cambio, xa que se realizará en 2 fases. Unha primeira a través da páxina de Facebook de Taboadela, a quen agradecemos que colabore unha vez mais con nós. E unha segunda fase onde un xurado, moi especial, elexirá 3 fotografías de entre as 10 con máis ” me gusta “.

Os 3 gañadores recibirán un premio económico e a primeira clasificada será a protagonista do calendario anual do Concello de Taboadela.

Ide dándolle á cabeciña, xa que o prazo de presentación das fotografías comeza o día 1 de febreiro e remata o 30 de xuño!

✅ Bases para o concurso de fotografía (aquí)

Search