Programa Levámoste

Poñemos en marcha o servizo de transporte municipal para a veciñanza que non teña posibilidade de desplazarse ata as oficinas do concello ou ata o centro de saúde.

Baixo o lema “Levámoste” preténdese dar a coñecer que  en Taboadela existe un servizo de transporte que está dirixido a persoas maiores e/ou persoas como dificultades de mobilidade. Para poder dispor de dito servizo hai que reservar praza chamando ás oficinas do concello  no 988439315, con 48horas de antelación.

Dito servizo funciona de luns a venres en horario interrompido de 9:00 a 14:00.

Search