O obxecto do proxecto consiste na instalación de paneis solares sen sistema de acumulación eléctrica e con sistema de medición e rexistro de potencia e datos solares para a Depuradora do Concello de Taboadela na provincia de Ourense.
En concreto, a instalación contará con 88 módulos fotovoltaicos cunha potencia de 275 Wp cada un deles. O total de produción fotovoltaica será de 24,2 kWp.
A contía máxima total de axuda concedida ascende a 42.364,52€
A axuda foi presentada no contexto do Real Decreto 616/2017, do 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020 (B.O.E. nº 144, do 17 de xuño de 2017), modificado polo Real Decreto 1516/2018 do 28 de decembro (B.O.E. nº 314, do 29 de decembro de 2018), o Real Decreto 316/2019, do 26 de abril (B.O.E. nº 130, do 30 de abril de 2019).