A volta a normalidade da un paso mais ao acceso da nosa provincia á fase 2.O concello tamén se vai incorporando a esa nova normalidade e así esta semana, os servizos administrativos trasladaronse á planta baixa e se dotaron de pantallas protectoras aos diversos postos de traballo.
O luns incorpóranse ás oficinas os traballadores que estaban teletraballando.
Seguimos facendo un chamamento a restrinxir o acceso ao concello, únicamente para aqueles trámites que demandan a presenza física.
Pregamos polo tanto, se utilice a vía telefónica ou telemática de forma preferente.
O arquitecto seguirá atendendo todos os mércores.
Por outra banda, dicir que xa se comenzou a limpeza manual da maleza nos pobos. A roza mecánica das estradas, tanto municipais como provinciais darán comezo dende o 31 de Maio, pois son as datas que nos marcan tanto dende a Deputación como dende a Xunta.