Nadal Solidario: Recollida de Alimentos


O Concello decidiu impulsar unha campaña de recollida de alimentos, a través de doazóns particulares e de empresas, asociacións e calquera que queira realizar unha achega.Este Goberno municipal é consciente de que a crise económica e social derivada da pandemia está provocando unha situación de empobrecemento de moita xente, o que leva a que moitas persoas e familias do noso concello se atopen con dificultades para conseguir alimentos. Con esta iniciativa preténdese minimizar esta situación.

Dende mañá e ata o día 20 de decembro, atoparedes unhas caixas para depositar as vosas doazóns nos diferentes puntos de recollida:

OFICINAS DO CONCELLO: de 9:00 a 14:00 e luns tamén de 16:00 a 20:00

SUPERMERCADO. Pereiras

GASOLINERA DE TABOADELA

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE TABOADELA De 9:00 a 10:00 e de 17:00 a 19:00