O pasado venres as traballadoras de axuda no fogar do noso concello recibiron a primeira dose da vacina contra o Covid- 19 dentro da campaña de vacinación deste colectivo especialmente sensible polo seu traballo con persoas vulnerables.
O xornal Faro de Vigo, na súa edición local, recolle un amplo reportaxe sobre a vacinación das traballadoras do servizo de axuda no fogar na nosa provincia.
No mesmo, e de xeito destacado, unha traballadora do noso concello conta a súa experiencia tras ser vacinada, así como durante estes meses de pandemia.
Levan en primeira liña de perigo dende que empezou a pandemia axudando aos nosos maiores e dependentes e as súas familias nesta situación tan complicada que a todos nos toca vivir.
Nesta pandemia estiveron sempre en primeira liña de perigo. Cando non había tanta información e tantos medios como hoxe temos, elas tiveron que seguir traballando.
Dende o concello tratamos de estar sempre con elas e cos usuarios facilitándolles as medidas de protección, cando case non as había, e toda a información da que éramos capaces de ter para protexernos todos. Fomos mellorando en canto tivemos mais medios e creo que o conseguimos pois tampouco ninguén se contaxiou a pesar da gran cantidade de traballadores e usuarios deste servizo.
Destacar igualmente esa profesionalidade que permitiu que durante todo este tempo e, a pesar de ser un servizo con moitos traballadores e usuarios, non tiveramos que lamentar ningún contaxio de ningunha auxiliar.
Agora coa vacina das traballadoras, esperamos que moi pronto poderemos ter mais seguridade e tranquilidade . En todo caso debemos ser precavidos e non baixar a garda pois este virus xa ten demostrado amplamente que é moi perigoso.
Na actualidade atendemos a preto de 40 usuari@s.
Forman o servizo 10 traballadoras ademais do persoal técnico.
Ademais, solicitouse á Xunta, o incremento de horas anuais para dito servizo.