Un paso máis pola redución do consumo eléctrico e da eficiencia enerxética

Hai días nos que o traballo se ve recompensado e nos anima a seguir coa senda que iniciamos fai agora ano e medio.

A aposta pola redución do consumo eléctrico e da eficiencia enerxética acada hoxe un paso máis. Despois de dotar a depuradora do Amendo de enerxía solar e despois de cambiar as luminarias do pavillón por luces led, hoxe foinos concedida unha subvención na que estábamos traballando dende o inicio, para cambiar TODAS as luces do concello por luces led moito máis eficientes enerxéticamente, o que nos permitirá aforrar un 60-70% na factura eléctrica.

Unha inversión de 268.000 euros onde o IDAE sufraga o 80% e o concello o 20%.

Search