SUBVENCIÓN TRABALLADORES AUTÓNOMOS
Bases aprobadas Xunta de Goberno do 08/05/2020. Publicadas BOP 12/05/2020. Esta axuda será compatible con calquer outra. Para traballadores autónomos, incluídos no Réxime Especial de Traballadores Autónomos ou no Sistema Especial para traballadores por Conta Propia Agrarios e que figuren dados de alta no Imposto de Actividades Económicas. Non poderá ser beneficiarios os traballadores autónomos colaboradores
▪︎ Exercer unha actividade económica con carácter empresarial, profesional ou artística por conta propia nun municipio de Ourense con poboación inferior a 20.000 habitantes.
▪︎ Ter recoñecida a prestación extraordinaria por cese de actividade prevista no artigo 17 do RD Lei 8/2020 de 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias fronte ao impacto económico e social do COVID 19, ou ben por unha perda do 75% ou máis da súa facturación respecxto do semestre anterior.
▪︎ Recibirán un pago único dunha contía fixa e igual para todos de 600€.
▪︎ As solicitudes presentaránse no Rexistro da Deputación de forma presencial ou telemático, nun prazo de 20 días hábiles a partir do seguinte a publicación no BOP, ainda que toda a tramitación e notificación serán electrónicas.
☆ Documentación a presentar:
▪︎Formulario normalizado a disposición na web da Deputación. https://www.depourense.es/images/subvencions_coronavirus/Solicitude-subvencion-autonomos-galego.pdf
Copia resolución recoñecemento prestación por cese actividade.
▪︎ Certificación situación censal expedida por Axencia Estatal Tributaria posterior a 31/12/2019 na que se indique actividade e domicilio.
▪︎ Certificado titularidade conta corrente para ingreso subvención.
▪︎ Copia poder representación interesado no caso de que se presente a través representante.
SUBVENCIÓN A PEQUENAS EMPRESAS
Bases aprobadas Xunta de Goberno do 08/05/2020· Publicadas BOP 12/05/2020· Esta axuda será compatible con calquer outra.· Para persoas físicas ou xurídicas ou entidades sen personalidade xurídica que exerzan actividade económica nun municipio da provincia de menos de 20.000 habitantes con alta no Imposto de Actividades Económicas, ter menos de dez traballadores a data 14/03/2020 e no exercicio 2019 unha facturación anual a efectos de IVE inferior a un millón de euros. Tamén que a actividade económica realizada non se vise afectada polo peche obrigatorio durante o estado de alarma e a súa facturación a efectos de IVE entre 14/03/2020 e 30/04/2020 se vise reducida nun 50% respecto a media de 2019.
▪︎ A subvención será idéntica na súa contía para todos os solicitantes e determinarase logo de pechar prazo de presentación solicitudes, dividindo o crédito (550.000€) entre as solicitudes con dereito a subvención e nunca poderá exceder de 1.000€.
▪︎ As solicitudes presentaránse no Rexistro da Deputación de forma presencial ou telemático, nun prazo de 20 días hábiles a partir do seguinte a publicación no BOP.▪︎
Documentación a presentar:
▪︎ Formulario normalizado a disposición na web da Deputación.▪︎ https://www.depourense.es/images/subvencions_coronavirus/Solicitude-subvencions-pequenas-empresas-galego.pdf
▪︎ Certificación actualizada situación censal expedida Axencia Estatal Tributaria posterior a 31/12/2019 indicando actividade económica e domicilio.
▪︎ Documento Relación liquidación cotización ao mes de marzo de 2020 ou, no seu caso TC1
▪︎ Copia modelo 390 presentado ante a Axencia Estatal Tributaria co resumo anucal facturación IVE exercicio 2019
▪︎ Copia libro rexistro facturas emitidas solicitante 14/03/2020 ao 30/04/2020.
▪︎ Certificado titularidade conta corrente para ingreso subvención.
▪︎ Copia poder representación interesado no caso de que se presente a través de representante.Estamos a vosa disposición para calquer dúbida.
Acceso directo a información na web da Deputación:
PARA AUTÓNOMOS: